• Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota

Inicio | Que facer | Festas

Compartir:

Festas

O Concello de Carnota divídese en cinco parroquias, que dedican polo menos cadansúa festa ao seu patrón ou patroa ao longo do ano.

Normalmente na véspera anúnciase a festa con foguetes, gaiteiros e coa celebración dalgunha actuación musical ou teatral acompañada da típica sardiñada. Os días de festa a veciñanza esperta co estrondo dos foguetes e coa música dos gaiteiros ou bandas de música que percorren as rúas tocando A Alborada. Durante a mañá celébranse diversas misas na honra do patrón/a e, tras unha procesión nalgúns casos, varios grupos musicais amenizan un baile, onde participan as xentes da parroquia e visitantes.

No xantar é habitual que se reúnan familiares de distintos lugares e que a comida se prolongue ata ben entrada a tarde. Pola noite celébrase unha verbena ao aire libre que non remata ata ben entrada a madrugada.

Ademais das festas patronais cada vez adquiren máis relevancia no noso territorio as festas relacionadas coa cultura e a gastronomía propias, tanto entre a veciñanza do municipio como entre as xentes que nos visitan.

As festas máis destacadas son:

  • Festas de S. Cremenzo do Pindo; segunda fin de semana de agosto.
  • Festas do Cristo do Pindo; 12 e 13 de outubro.
  • Festas de San Mamede; 7, 8 e 9 de agosto.
  • Festas do Cristo de San Mamede; 8, 9 e 10 de setembro.
  • Festas da Virxe do Carme  e sardiñada de Caldebarcos; xoves e venres despois do 16 de xullo.
  • Festa da nosa Señora das Dores en Carnota; 20 de setembro.
  • Festa de San Sebastián de Pedrafigueira; 20 de xaneiro.
  • Festa dos Remedios Novos de Lira; 1º martes despois de Semana Santa.
  • Festa dos Remedios Vellos de Lira; 7 semanas despois dos Novos.
  • Festas do Mar de Lira; terceira fin de semana de agosto.
  • San Martiño de Lariño; 11 de novembro.
  • Festa de Cachelada de Mallou; último xoves e venres de agosto.