• Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota
Compartir:

Como chegar

Bordeando a Costa - Acceso dende Santiago de Compostela: Polo corredor (Santiago-Noia). Unha vez en Noia hai que coller a AC 550 (dirección Cee). 

Polo interior: Dende Santiago polo corredor (Santiago-Noia), tomando  a saída de Bertamiráns e incorporándose a AC 544 (Bertamiráns-Negreira). En A Pereira cóllese a AC 400, que conduce a Carnota tomando dirección a Muros.

Outra alternativa polo interior: Saíndo de Santiago pola C 545 ata Santa Comba, unha vez alí séguese a AC 400 ata chegar a Carnota.

Acceso dende A Coruña por autoestrada: Na Coruña tómase a autoestrada AG 55 ata Carballo, onde se debe saír e enlazar coa estrada AC 552 (A Coruña-Cee) ata chegar a Cee. Unha vez chegados a este punto accedemos a Carnota a través da AC 550 (Cee-Ribeira).

Estación de tren máis próximas: Santiago de Compostela (981 520202) e A Coruña (981 150202).

Aeroportos máis próximos: Lavacolla, en Santiago de Compostela (981 597 400) e Alvedro, na Coruña (981 187200).

Por mar tamén se pode chegar, xa que os portos de Lira e O Pindo están adecuados para embarcacións de recreo.