• Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota

Inicio | Natureza | A Torre dos Mouros

Compartir:

A Torre dos Mouros

A Torre dos Mouros

A Torre dos Mouros é un enorme recinto arqueóloxico ubicado sobre o alto da parroquia de Lira, a máis de trescentos metros de altura sobre o Atlántico, e cun gran dominio visual do arco de Carnota e dos montes de Muros e o Barbanza.

Estas terras foron empregadas durante séculos polas comunidades que viviron no sur do arco e, de feito, unha parte do xacemento da Torre dos Mouros foi empregada como canteira, curro gandeiro, estivada e alvariza, tal e como se recollen nas denominacións tradicionais do monte.

De feito, no alto do outeiro pódese apreciar estruturas agrarias modernas consistentes e pequenos valados de pedra, constituídos por unha fiada de pedra e cunha altura de media de 0.5 m. Porén estas estruturas están sustentadas sobre outras de maior dimensión que configuran a xacida e que determinan un recinto fortiificado de enormes dimensións.

A Torre dos Mouros reúne condicións de gran interese científico. Desde a súa localización e visita, realizamos un amplo traballo documental con respecto ás fortificacións da Idade do Ferro e de época medieval da área do oeste da provincia da Coruña. Esa análise veu confirmar a excepcionalidade da Torre dos Mouros como xacemento arqueolóxico.

  • Dispón dun tamaño moi grande (dúas hectáreas) que duplica a media de tamaño dos castros da área e triplica a das fortificacións medievais (agás Pindo Central).
  • Non parece responder ao patrón de asentamento dun castro da segunda Idade do Ferro. O caso paradigmático é a existencia de dous poboados da época nas proximidades, que si responden aos patróns habituais. Tampouco a tecnoloxía e disposición das murallas son habituais na Idade do Ferro galega.
  • Tampouco responde ao perfil construtivo e defensivo dos castelos feudais da área, moito máis pequenos e de carácter «roqueiro».
  • A súa morfoloxía defensiva e as evidencias en superficie falan dun enorme esforzo construtivo que non se corresponde cunha gran densidade de estruturas habitacionais no interior.


Ligazóns