• Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota

Inicio | Natureza | Outras praias

Compartir:

Outras praias

Os 42 km de litoral do concello de Carnota constitúen unha interminable sucesión de fermosas praias e areais. Dende O Pindo ata Lariño contabilízanse un total de 33 limpas e acolledoras praias, coa indiscutible beleza de natureza en estado puro.

Praia de Caldebarcos

Praia de San Pedro do Pindo

Entorno semiurbano, con calidades excepcionais para a práctica dos deportes náuticos dado aos frecuentes ventos e brisas costeiras. Area de cor branca.

Praia de San Pedro do Pindo

Caracterízase por ter unha caída moi suave, hai que camiñar metros na auga para que chegue a cubrir, isto unido á especial brancura da súa area, produce unha estraña transparencia da auga, con matices verdosos case transparentes. Praia urbana con bos accesos, larga e ancha, ideal para a práctica de deportes. A súa calidade foi recoñecida en moitas ocasións coa bandeira azul.

Praia de Portocubelo

De entorno urbano e portuaria. Augas tranquilas e resgardada dos ventos. Nela fondean habitualmente embarcacións de recreo. Area de cor branca.

Praia do Porto de Quilmas

A Boca do Río

Entorno portuario e abrigada, con area de cor dourada. Nela fondean embarcacións de recreo, así coma barcos pertencentes aos pescadores do lugar.

A Boca do Río

Entorno natural con pinares e desembocadura do Río Vadebois. É a praia máis frecuentada polo turismo pola súa beleza e os seus servizos. Dende ela pódese acceder ás praias da Berberecheira e Cangrexeira e as marismas de Caldebarcos, onde se poden observar diferentes tipos de aves.

Praia de Lariño

Praia de Lariño

Ampla e solitaria, encóntrase na esquerda de Punta Ínsua. Area fina e de cor branca. Ideal para deportes náuticos coma o windsurf, surf e demais.

Praia de Mar de Lira

Pequena, rústica, de area fina e rocas. De entorno virxe, ventosa e de oleaxe moderada. Area branca