• Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota

Inicio | Natureza | A praia de Carnota e as marismas de Caldebarcos

Compartir:

A praia de Carnota e as marismas de Caldebarcos

Praia de Carnota

A praia de Carnota, con forma de media lúa, é un espazo natural de gran beleza e de grande interese medioambiental . Tras un inmenso areal, duns 7 km de lonxitude, un conxunto único de dunas e marismas cunha lagoa interior acolle comunidades vexetais e animais de grande interese. Comprende a A Berberecheira, As Cangrexeiras, Carrofeito e A Raña. Para os/as afeccionados/as á observación das aves, este é un lugar ideal, xa que serve de refuxio a multitude de especies nos seus movementos migratorios e a outras que aquí se asentan durante todo o ano, co engadido de ser un dos poucos lugares de Galicia onde aniña a píllara papuda.

No corazón da praia, a desembocadura do río Vadebois ofrece un marabilloso espectáculo na coñecida como Boca do Río.

Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista xermana “Traum Stände” unha das cen mellores do mundo. Así mesmo, o boletín de noticias rentalia.com, nunha sondaxe na que contaron máis de 1000 opinións, sitúaa entre as tres mellores de Galicia.