• Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota

Inicio | Patrimonio | Arquitectura relixiosa

Compartir:

Arquitectura relixiosa

A igrexa de Santa Columba de Carnota

A igrexa de Santa Columba de Carnota

Encóntrase formada por un conxunto arquitectónico que forman a Igrexa, a reitoral, o pombal e o hórreo.

Construída no S.XVIII, catalógase de barroco clasicista. Interior abovedado, presenta unha planta entre a cruz latina e a ordenación basilical con tres naves. No S.XIX engádeselle unha torre do campanario, obra do mestre Carlos Aboy. Na fachada principal pódense observar formas neoclásicas, que se xeneralizarían no S.XIX.

No interior hai tallas que se lle poden atribuír ao escultor Ferreiro.

Capela de San Gregorio

No núcleo da vila, na praza de S. Gregorio.

Estrutura e muros de cantería, e na fachada presenta unha porta con arco e unha espadana para unha campá.

Igrexa de San Mamede

Igrexa de San Mamede

De estilo barroco, presenta unha cruz latina e unha torre dividida en catro teitos. Na fachada destaca un reloxo de sol, e sobre unha porte cun lintel, a imaxe pétrea do patrón. No interior destaca o retablo maior, neoclásico, realizado polo escultor Ferreiro.

Igrexa de San Clemenzo do Pindo

Orixinaria do S.XVII, con sucesivas remodelacións que reduciron á antiga capela á sancristía e que tamén se conserva a fachada.

Igrexa de Santa María de Lira

S. XVIII, con ampliación no XIX. Componse dunha única nave estreita e alongada, dividida interiormente en catro tramos. Trátase dunha construción de extremada sinxeleza e con escasa ornamentación.

Capela dos Remedios

Sita en Lira dende o 1706, a memoria popular atribúe a existencia a aparición da Virxe dos Remedios. Tamén se lle atribúe a que en Lira se vivía fundamentalmente do gando e que se constrúe para que os pastores poidan acudir a misa os domingos sen perder de vista ao gando. A ermida actualmente ten unha devoción mariñeira.

A imaxe gardada no seu interior é unha copia da “aparición” orixinal, que era de pedra e da cal non se sabe nada. Conta tamén cunha maqueta do barco “Ariete” que embarrancou na punta dos Remedios, o 25 de febreiro do 1966.

Igrexa de San Martiño de Lariño

Érguese sobre os restos dunha antiga ermida. Foi reformado no 1954. Na actualidade presenta unha planta de cruz latina. Unha nave dividida en tres espazos por arcos de medio punto e presenta un cono de grandes proporcións.