• Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota

Inicio | Patrimonio | Arquitectura civil

Compartir:

Arquitectura civil

Faro de Punta Insua, en Lariño

Destaca o Faro de Punta Insua, en Lariño. Trátase dunha edificación sita na punta do mesmo nome, construída no 1920 para alumear a costa dende a Ría de Muros ata a de Corcubión. A arquitectura deste edificio conta cun corpo lonxitudinal, que se complementa cunha torre cilíndrica que alberga na parte superior a lente que alumea o camiñar das embarcacións.

Non destaca Carnota polas construcións pacegas, pero si hai unha serie de conxuntos edificados a súa inmensa maioría en granito que lle dan aos inmobles unha gran estética, tales coma a Casa do Agro de García, A Casa da Ameixeira (Lira), Casa de Correos (Pindo), Casa do Concello (Carnota) e alguna vivenda unifamiliar, especialmente unha de estilo rexionalista en Lariño, na beira da estrada que comunica Muros-Carnota.