• Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota

Inicio | Coñece Carnota | Patrimonio | Hórreos

Compartir:

Hórreos

Trátase dun dos elementos polo que Carnota é máis coñecida, e ningún visitante deixa de ver nin de admirar. Os de Carnota e  Lira son os máis representativos do Concello, xa que incluso o primeiro foi recoñecido como Monumento Nacional e é o máis grande de Galicia de estilo Noia.

Hórreo de Carnota

O hórreo de Carnota foi construído no 1768 pero foi no 1783 cando se ampliou con 11 novos pares de pés. Ten 34 metros de longo e 1,90 metros de ancho.

De planta rectangular, cámara cerrada con fiadas horizontais que deixan entre elas rendixas para a ventilación. Conta con 22 pares de pés.

Nun dos costais ábrense tres portas para acceso ao interior e conta con pináculos de estilo barroco. Remata en cruz asentada nunha bola.

O hórreo de Lira foi construído entre o 1779 e o 1814, aparece elevado sobre unha plataforma de pedra, coa finalidade de salvar o desnivel do terreo. Igual que o de Carnota, conta con 22 pares de pés, pero mide 36,53 metros de lonxitude e 1,60 metros de ancho.

Non son por suposto os únicos hórreos destacados que atopamos no concello, se non que, aínda que de menores dimensións, son moitos os exemplos que se conservan; en ocasións agrupados coma os de Lariño (3 hórreos case idénticos con 3 pares de pés), os hórreos de Caldebarcos, do Pindo, de Quilmas, de San Mamede, de Louredo, da Rateira, etc.