• Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota
  • Carnota

Inicio | Coñece Carnota | Parroquias | San Mamede

Compartir:

San Mamede

Praia Boca do Río

Lugares como Panchés e Caldebarcos forman a parroquia de San Mamede, onde nos encontramos un fermoso esteiro que separa a Praia en dúas partes na Boca do Río, coa desembocadura do río de Vadebois. Dende a punta de Caldebarcos pódese admirar toda a praia de Carnota; contando ademais este lugar cunha serie de construcións típicas mariñeiras (casetas de pescadores, fábrica de salazón …).

E tamén aquí atopamos “A Berberecheira”, extensísimo areal que se cobre de auga coa marea alta, formando una lagoa  idónea para a práctica de deportes acuáticos.

No interior da parroquia, lugares como Adraño, Cubelo, Outeiro e Vilar conseguen unha paisaxe completa de mar e monte, posto que nestes sitios a forma de vida era a gandería e a agricultura. Na actualidade aínda se poden observar cabalos e animais salvaxes e as vistas que nos oferta o Mirador de Louredo son impresionantes.